Manual práctico de galego (Manuais de galego e dicionarios) por Ramón Beltrán Carballeira

Manual práctico de galego (Manuais de galego e dicionarios) por Ramón Beltrán Carballeira

Titulo del libro : Manual práctico de galego (Manuais de galego e dicionarios)
Fecha de lanzamiento : January 1, 2006
Autor : Ramón Beltrán Carballeira
Número de páginas : 432
ISBN : 849652647X
Editor : Baía Edicións A Coruña. S.L.

Descargue o lea el libro de Manual práctico de galego (Manuais de galego e dicionarios) de Ramón Beltrán Carballeira en formato PDF y EPUB. Aquí puedes descargar cualquier libro en formato PDF o Epub gratis. Use el botón disponible en esta página para descargar o leer libros en línea.

Ramón Beltrán Carballeira con Manual práctico de galego (Manuais de galego e dicionarios)

O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións dedica a poñer en mans das persoas interesadas en coñecer o noso idioma uns manuais de fácil comprensión, ao tempo que proporcionar uns textos para aqueles que precisen dunha forma rápida e segura resolver dúbidas a respecto da escrita do galego.



O presente manual resulta un material didáctico moi eficaz para os cursos de iniciación e perfeccionamento do idioma galego promovidos polas nosas autoridades educativas e culturais tanto no noso país como naqueles territorios con poboacións de tradición galegofalante, para os cursos de formación de adultos en lingua galega, para a preparación de oposicións ás distintas administracións actuantes en Galiza, como repaso dos coñecementos adquiridos e complemento dos traballos de lingua para os últimos cursos da ESO, Bacharelato e Formación Profesional, e un texto de consulta inmediata para as persoas que xa fan do galego o seu medio vehicular de comunicación.



O manual, que se adapta ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, estrutúrase en dúas partes: unha de teoría, para coñecer os porqués, e outra máis práctica, cunha ampla proposta de exercicios. A súa solución recóllese ao final do manual, coa intención de axilizar a comprobación da exactitude das respostas dadas.



Realizado coa intención de ensinar do xeito máis ameno posíbel, trata tamén de dar unha visión actualizada do galego de hoxe, e axudar a que o noso idioma sexa un vehículo lingüístico máis accesíbel e máis empregado, non só na fala, viva e forte a pesar dos atrancos que aínda na actualidade sofre, senón tamén na forma escrita, por desgraza, máis inusual.