Elementos de crítica literaria (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura) por Arturo Casas

Elementos de crítica literaria (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura) por Arturo Casas

Titulo del libro : Elementos de crítica literaria (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura)
Fecha de lanzamiento : February 22, 2005
Autor : Arturo Casas
Número de páginas : 696
ISBN : 8497822536
Editor : Xerais

Obtenga el libro de Elementos de crítica literaria (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura) de Arturo Casas en formato PDF o EPUB. Puedes leer cualquier libro en línea o guardarlo en tus dispositivos. Cualquier libro está disponible para descargar sin necesidad de gastar dinero.

Arturo Casas con Elementos de crítica literaria (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura)

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas. "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Libros Relacionados